AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 Vén de publicarse no DOG do 20 de maio de 2024 a convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso:    Enlace ao DOG.



SOLICITANTES

- Alumnado matriculado en Primaria, ESO e E. Especial no curso 2023/24.

AXUDAS

- 75 ou 60  € en material escolar (depende da renda)

- Libros de texto en préstamo (3º a 6º de Primaria e ESO):

            . Garántense 6 libros por alumn@ se a renda é inferior a 6000 € per cápita e 4 libros se é inferior a 10000 €.  De haber libros dispoñibles no fondo repártense na súa totalidade aínda que non se dean as condicións anteriores.

- Adquisición de libros de texto (1º, 2º E Primaria e E. Especial):

            . 160 ou 240 € (depende da renda).

           .  Alumnado da ESO con NEAE: 180 ou 270 € (segundo renda).

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA

Divídense os ingresos totais do ano 2023 entre os membros computables da familia.

No caso de ter presentado declaración da renda, súmanse as casas 435 e 460

Os membros con discapacidade dun 33% ou superior computan dobremente.

CONDICIÓNS

- Ter devolto  en bo estado a final de curso os libros recibidos en 2023/24.

- Asinar o compromiso de conservar en bo estado os libros para poder devolvelos ao rematar o curso.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Prazo: Ata o 21 de xuño, incluído (pero pregamos que o tramiten o antes posible)
  • Modo de presentación: 

                No propio centro ou en calquera rexistro oficial

                - Por vía electrónica: 

                Neste enlace: ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia

                Ou ben: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

DOCUMENTACIÓN

- Solicitude: poden descargala aquí: SOLICITUDE

 - Libro de familia con todos os membros  / certificado de convivencia do Concello.

- Certificado que acredite discapacidade ou outras alegacións.

-Sentenza de divorcio de ser o caso.

- Certificado de discapacidade, de ser o caso.

- Xustificación de situación de violencia de xénero, de ser o caso.

Leer más...

LISTAS DEFINITIVAS ADMISIÓN


 

    Hoxe, 15 de maio de 2024, a partir das 14:00 horas, quedarán expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas do proceso de admisión do alumnado para o curso 2024/25. 

Leer más...

BOLSAS ALUMNADO NEAE

                                  

 

Dende o 30 de abril está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

As bolsas son convocadas polo Ministerio de Educación e pódese acceder a toda a información premendo AQUÍ.

Coma sempre, cómpre dirixirse ao Servizo de Orientación en caso de dúbida ou para recibir asesoramento ao respecto.


O prazo remata o 13 de setembro de 2024.

Leer más...

ADMISIÓN 2024/25: LISTAS PROVISIONAIS

 


Hoxe, 25 de abril, ás 14:00 horas publicaranse no taboleiro do centro as 
listas provisionais de solicitudes admitidas  para o vindeiro curso 2024/25.


Leer más...

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidadades autónomas a realización das probas da avaliación diagnóstico para o alumnado de 4º curso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria. 

No caso do noso centro, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril para 4º de Educación Primaria e o 15 e 16 de abril para 2º de ESO.
 


 

Leer más...

información: BOLSAS MEC ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

 

BECAS MEC CURSO 2024/25


  • Normativa: Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. (Enlace á Resolución publicada no BOE)

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de marzo ao 10 de maio (ambos incluídos)

  • Forma de presentación: O procedemento é electrónico e iníciase coa solicitude que debe facerse na sede electrónica da páxina web do Ministerio debendo incluírse un enderezo de correo electrónico que vaia estar operativo durante todo o proceso, para recibir os avisos de notificacións (requirimentos; comunicacións, propostas, resolucións...); tamén deberán conservarse as chaves de acceso iniciais para que, en calquera momento, poidades entrar no voso expediente e consultalo (Enlace á sede electrónica do Ministerio de Educación)


INFORMACIÓN SALIENTABLE:

-O número de conta que poñades na beca ten que estar como titular ou cotitular o estudante.

-Despois e cubrir a solicitude tede en conta que só queda presentada cando vos deixa xerar o xustificante de presentación que debedes conservar e ler para saber se tedes que presentar documentación adicional no voso caso (padrón, sentenzas...). Isto é moi importante, moitas becas quedan denegadas na primeira fase por non xustificar datos.

-A fase inicial adoita rematar a mediados de xullo; despois cruzaranse os datos económicos co Ministerio de Facenda e recibiredes ao longo do verán a notificación de se cumprides ou non os requisitos económicos. Debedes consultar o voso correo (introducido na solicitude) para ver se tedes notificacións ou acceder (coas vosas chaves) ao voso expediente para comprobalo.

-No mes de setembro haberá un prazo para presentar alegacións sobre datos económicos e/ou para facer modificacións na beca só en tres aspectos: académicos (tipo de estudos; centro onde se realizarán); residencia (fóra do domicilio familiar) e conta bancaria. Tamén vos chegará aviso por correo electrónico (tédeo operativo e consultádeo a miúdo).

-Despois pasaremos á fase de datos académicos. Tede sempre en conta o previsto na convocatoria e en particular que de 1º a 2º de BAC só se permite un suspenso para obter a axuda (aínda que se poida pasar de curso con dúas asignaturas, isto non aplica no caso das becas) e, de estar repetindo curso, non se permite ningún suspenso. No caso da FP, para obter beca, hai que matricularse nun mínimo de 500 horas e superar unha carga horaria dos módulos do curso anterior, igual ou superior ao 85% das horas e o 100% destas nos casos de matrícula parcial ou específica para persoas adultas.

Ademais lembrade que para non ter que devolver a beca concedida hai que cumprir uns obxectivos: asistir ás clases; non darse de baixa no centro antes que remate o curso e aprobar a lo menos o 50% de materias, créditos ou horas.

-No caso de que por calquera motivo decidades abandonar os estudos, presentade canto antes un escrito de renuncia á beca á xefatura territorial de educación da Xunta. Se despois de renunciar, vola chegan a ingresar, debedes rexeitar a transferencia dende o banco; no caso de que antes de presentar a renuncia xa a tivésedes ingresada, haberá que tramitar un proceso de reintegro que leva sempre aparellado o aboamento de intereses.


Enlace á páxina web do Ministerio onde atoparedes máis información sobre as becas


Leer más...