BECAS
MEC CURSO 2024/25
Normativa:
Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se
convocan becas de carácter xeral para o curso 2024/25 para
estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
(Enlace
á
Resolución publicada no BOE)
Prazo
de presentación de solicitudes:
do
19
de marzo ao 10
de maio (ambos incluídos)
Forma
de
presentación:
O
procedemento
é electrónico e
iníciase
coa solicitude que debe facerse na sede
electrónica da páxina
web do Ministerio debendo incluírse un enderezo de correo
electrónico que vaia estar operativo durante todo o proceso,
para recibir os avisos de notificacións (requirimentos;
comunicacións, propostas, resolucións...); tamén deberán
conservarse
as chaves
de acceso iniciais para
que,
en calquera momento, poidades
entrar no voso expediente e consultalo (Enlace
á sede electrónica do Ministerio de Educación)
INFORMACIÓN
SALIENTABLE:
-O
número de conta que poñades na beca ten que estar como titular
ou cotitular o estudante.
-Despois e cubrir a
solicitude tede
en conta que só
queda presentada cando vos deixa xerar o xustificante
de presentación que
debedes conservar e ler
para saber se tedes que presentar documentación adicional no voso
caso (padrón, sentenzas...).
Isto
é moi importante, moitas becas quedan denegadas na primeira fase por
non xustificar datos.
-A
fase inicial adoita rematar a mediados de xullo; despois cruzaranse
os datos
económicos co
Ministerio de Facenda e recibiredes
ao longo do verán a
notificación de se cumprides
ou non os requisitos económicos.
Debedes consultar o voso correo (introducido na solicitude) para ver
se tedes notificacións ou acceder (coas
vosas chaves)
ao voso expediente
para
comprobalo.
-No
mes de setembro
haberá
un prazo
para presentar
alegacións
sobre
datos económicos e/ou
para facer modificacións
na beca só
en tres aspectos:
académicos
(tipo de estudos; centro onde se realizarán); residencia
(fóra do domicilio familiar) e conta
bancaria.
Tamén vos chegará aviso por correo electrónico (tédeo
operativo e consultádeo
a miúdo).
-Despois
pasaremos á fase
de datos académicos.
Tede sempre en conta o previsto na convocatoria e en particular que
de
1º a 2º de BAC só se permite un suspenso para obter a axuda
(aínda
que se poida pasar de curso con dúas asignaturas, isto non aplica no
caso das becas) e,
de estar
repetindo
curso, non se permite ningún suspenso.
No caso da FP,
para
obter beca, hai
que matricularse
nun mínimo de 500 horas e superar unha carga horaria dos
módulos do curso anterior, igual
ou superior ao 85% das horas e o 100% destas
nos
casos de matrícula parcial ou específica para persoas adultas.
Ademais
lembrade que para
non ter que devolver a beca
concedida
hai que cumprir
uns obxectivos:
asistir ás clases; non darse de baixa no centro antes que remate o
curso e aprobar a lo menos o 50% de
materias,
créditos
ou
horas.
-No
caso de que
por calquera motivo decidades abandonar
os estudos,
presentade
canto antes un escrito de renuncia á beca á
xefatura territorial de educación da Xunta.
Se
despois
de renunciar,
vola chegan a ingresar,
debedes rexeitar a transferencia dende o banco; no
caso de que
antes de
presentar a
renuncia xa
a tivésedes ingresada,
haberá que tramitar un proceso de reintegro que
leva sempre aparellado o aboamento de
intereses.
Enlace
á páxina web do Ministerio onde atoparedes máis
información sobre as becas
Leer más...