EXTRAESCOLARES 2024/25


Con alguna pequena novidade, achegamos as actividades extraescolares para o presente curso.

INFANTIL

 

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

16:00

Inglés

 

Baile


Fútbol

Inglés

 

 

Fútbol

17:00

Predeporte

(4 a 8 anos)

Ximnasia Rítmica

Pequebaloncesto (4 a 8 anos)

 

Karate (1º, 2ºP e  infantil)

Pequebaloncesto (4 a 8 anos)

 


PRIMARIA / ESO

 

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

16:00

Inglés

Karate

Baile

Grupos Divino Maestro

Inglés

Karate (3º a 6º)

Fútbol 3º e 4º EP

Robótica Pri/ESO

17:00

Predeporte

(4 a 8 anos)

G. Rítmica

Pequebaloncesto (4 a 8 anos)

Baloncesto (>8 anos)

 

Voleibol

Karate 1º, 2ºP e infantil)

 

 

Voleibol

Fútbol (1º e 2º P)

Pequebaloncesto (4 a 8 anos)

Baloncesto (>8 anos)

18:15

 

 

Fútbol Palomar

 

 

 PREZOS MENSUAIS PREVISTOS

      Baile: 18€ (Stardance)

      X. Rítmica: 18€ (Stardance)

      Karate: 18€ (1h) / 25€ (2h) (Shihan)

      Inglés: 35€ (1h) / 50€ (2h) (Dolphin)

      Robótica: 22€

      Fútbol: infantil 17€ / primaria 22€. (Residencia)

      Voleibol 15€ (1h) / 20€ (2h) (Totalsport)

      Predeporte 18€ (Lucencum)

      Baloncesto e Pequebaloncesto 25€ (Lucencum)

      Grupos DM (Divino Maestro): Gratuíto


* Estes prezos están pendentes de aprobación do Consello Escolar.

** 
GRUPO MÍNIMO: 8 alumnos/as; de non acadarse este número non se garante a realización destas actividades. Grupo máximo: 15/20 participantes por grupo segundo a actividade.

** 
INSCRICIÓN
: do 11 ao 27 de setembro. Actividades do 1 de outubro ao 13 de xuño (medio mes de pagamento). Recoller folla de preinscrición en Conserxería. Cada actividade fará a súa inscrición posteriormente.

Leer más...

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25

 


Poden acceder ás listaxes de libros de texto para o curso 2024/25

 picando nas seguintes ligazóns:


Libros de Infantil e Primaria

Libros de ESO

Leer más...

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR EN INFANTIL

 


O concello de Lugo abre o prazo de presentación de solicitudes de axudas para a adquisición de libros e material escolar do alumnado do segundo ciclo de educación infantil para o curso 2024/2025.


PRAZO DE SOLICITUDE DO 19 XUÑO  AO 9 DE XULLO DE 2024

  Poden obter máis información premendo AQUÍ ou AQUÍ.

Leer más...

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 Vén de publicarse no DOG do 20 de maio de 2024 a convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso:    Enlace ao DOG.



SOLICITANTES

- Alumnado matriculado en Primaria, ESO e E. Especial no curso 2023/24.

AXUDAS

- 75 ou 60  € en material escolar (depende da renda)

- Libros de texto en préstamo (3º a 6º de Primaria e ESO):

            . Garántense 6 libros por alumn@ se a renda é inferior a 6000 € per cápita e 4 libros se é inferior a 10000 €.  De haber libros dispoñibles no fondo repártense na súa totalidade aínda que non se dean as condicións anteriores.

- Adquisición de libros de texto (1º, 2º E Primaria e E. Especial):

            . 160 ou 240 € (depende da renda).

           .  Alumnado da ESO con NEAE: 180 ou 270 € (segundo renda).

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA

Divídense os ingresos totais do ano 2023 entre os membros computables da familia.

No caso de ter presentado declaración da renda, súmanse as casas 435 e 460

Os membros con discapacidade dun 33% ou superior computan dobremente.

CONDICIÓNS

- Ter devolto  en bo estado a final de curso os libros recibidos en 2023/24.

- Asinar o compromiso de conservar en bo estado os libros para poder devolvelos ao rematar o curso.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Prazo: Ata o 21 de xuño, incluído (pero pregamos que o tramiten o antes posible)
  • Modo de presentación: 

                No propio centro ou en calquera rexistro oficial

                - Por vía electrónica: 

                Neste enlace: ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia

                Ou ben: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

DOCUMENTACIÓN

- Solicitude: poden descargala aquí: SOLICITUDE

 - Libro de familia con todos os membros  / certificado de convivencia do Concello.

- Certificado que acredite discapacidade ou outras alegacións.

-Sentenza de divorcio de ser o caso.

- Certificado de discapacidade, de ser o caso.

- Xustificación de situación de violencia de xénero, de ser o caso.

Leer más...

LISTAS DEFINITIVAS ADMISIÓN


 

    Hoxe, 15 de maio de 2024, a partir das 14:00 horas, quedarán expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas do proceso de admisión do alumnado para o curso 2024/25. 

Leer más...

BOLSAS ALUMNADO NEAE

                                  

 

Dende o 30 de abril está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

As bolsas son convocadas polo Ministerio de Educación e pódese acceder a toda a información premendo AQUÍ.

Coma sempre, cómpre dirixirse ao Servizo de Orientación en caso de dúbida ou para recibir asesoramento ao respecto.


O prazo remata o 13 de setembro de 2024.

Leer más...