Poden acceder ás listaxes de libros de texto para o curso 2024/25
picando nas seguintes ligazóns:
Poden acceder ás listaxes de libros de texto para o curso 2024/25
picando nas seguintes ligazóns:
Vén de publicarse no DOG do 20 de maio de 2024 a convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso: Enlace ao DOG.
SOLICITANTES
- Alumnado matriculado en Primaria, ESO e E. Especial no curso 2023/24.
AXUDAS
- 75 ou 60 € en material escolar (depende da renda)
- Libros de texto en préstamo (3º a 6º de Primaria e ESO):
. Garántense 6 libros por alumn@ se a renda é inferior a 6000 € per cápita e 4 libros se é inferior a 10000 €. De haber libros dispoñibles no fondo repártense na súa totalidade aínda que non se dean as condicións anteriores.
- Adquisición de libros de texto (1º, 2º E Primaria e E. Especial):
. 160 ou 240 € (depende da renda).
. Alumnado da ESO con NEAE: 180 ou 270 € (segundo renda).
CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA
Divídense os ingresos totais do ano 2023 entre os membros computables da familia.
No caso de ter presentado declaración da renda, súmanse as casas 435 e 460
Os membros con discapacidade dun 33% ou superior computan dobremente.
CONDICIÓNS
- Ter devolto en bo estado a final de curso os libros recibidos en 2023/24.
- Asinar o compromiso de conservar en bo estado os libros para poder devolvelos ao rematar o curso.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- No propio centro ou en calquera rexistro oficial
- Por vía electrónica:
Ou ben: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
DOCUMENTACIÓN
- Solicitude: poden descargala aquí: SOLICITUDE
- Libro de familia con todos os membros / certificado de convivencia do Concello.
- Certificado que acredite discapacidade ou outras alegacións.
-Sentenza de divorcio de ser o caso.
- Certificado de discapacidade, de ser o caso.
- Xustificación de situación de violencia de xénero, de ser o caso.
Hoxe, 15 de maio de 2024, a partir das 14:00 horas, quedarán expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas do proceso de admisión do alumnado para o curso 2024/25.
Dende o 30 de abril está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
As bolsas son convocadas polo Ministerio de Educación e pódese acceder a toda a información premendo AQUÍ.
Coma sempre, cómpre dirixirse ao Servizo de Orientación en caso de dúbida ou para recibir asesoramento ao respecto.
O prazo remata o 13 de setembro de 2024.