AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidadades autónomas a realización das probas da avaliación diagnóstico para o alumnado de 4º curso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria. 

No caso do noso centro, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril para 4º de Educación Primaria e o 15 e 16 de abril para 2º de ESO.
 


 

Leer más...

información: BOLSAS MEC ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

 

BECAS MEC CURSO 2024/25


  • Normativa: Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. (Enlace á Resolución publicada no BOE)

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de marzo ao 10 de maio (ambos incluídos)

  • Forma de presentación: O procedemento é electrónico e iníciase coa solicitude que debe facerse na sede electrónica da páxina web do Ministerio debendo incluírse un enderezo de correo electrónico que vaia estar operativo durante todo o proceso, para recibir os avisos de notificacións (requirimentos; comunicacións, propostas, resolucións...); tamén deberán conservarse as chaves de acceso iniciais para que, en calquera momento, poidades entrar no voso expediente e consultalo (Enlace á sede electrónica do Ministerio de Educación)


INFORMACIÓN SALIENTABLE:

-O número de conta que poñades na beca ten que estar como titular ou cotitular o estudante.

-Despois e cubrir a solicitude tede en conta que só queda presentada cando vos deixa xerar o xustificante de presentación que debedes conservar e ler para saber se tedes que presentar documentación adicional no voso caso (padrón, sentenzas...). Isto é moi importante, moitas becas quedan denegadas na primeira fase por non xustificar datos.

-A fase inicial adoita rematar a mediados de xullo; despois cruzaranse os datos económicos co Ministerio de Facenda e recibiredes ao longo do verán a notificación de se cumprides ou non os requisitos económicos. Debedes consultar o voso correo (introducido na solicitude) para ver se tedes notificacións ou acceder (coas vosas chaves) ao voso expediente para comprobalo.

-No mes de setembro haberá un prazo para presentar alegacións sobre datos económicos e/ou para facer modificacións na beca só en tres aspectos: académicos (tipo de estudos; centro onde se realizarán); residencia (fóra do domicilio familiar) e conta bancaria. Tamén vos chegará aviso por correo electrónico (tédeo operativo e consultádeo a miúdo).

-Despois pasaremos á fase de datos académicos. Tede sempre en conta o previsto na convocatoria e en particular que de 1º a 2º de BAC só se permite un suspenso para obter a axuda (aínda que se poida pasar de curso con dúas asignaturas, isto non aplica no caso das becas) e, de estar repetindo curso, non se permite ningún suspenso. No caso da FP, para obter beca, hai que matricularse nun mínimo de 500 horas e superar unha carga horaria dos módulos do curso anterior, igual ou superior ao 85% das horas e o 100% destas nos casos de matrícula parcial ou específica para persoas adultas.

Ademais lembrade que para non ter que devolver a beca concedida hai que cumprir uns obxectivos: asistir ás clases; non darse de baixa no centro antes que remate o curso e aprobar a lo menos o 50% de materias, créditos ou horas.

-No caso de que por calquera motivo decidades abandonar os estudos, presentade canto antes un escrito de renuncia á beca á xefatura territorial de educación da Xunta. Se despois de renunciar, vola chegan a ingresar, debedes rexeitar a transferencia dende o banco; no caso de que antes de presentar a renuncia xa a tivésedes ingresada, haberá que tramitar un proceso de reintegro que leva sempre aparellado o aboamento de intereses.


Enlace á páxina web do Ministerio onde atoparedes máis información sobre as becas


Leer más...

VACANTES CURSO 2024/25


 

Leer más...

MATRÍCULA CURSO 2024/25


 

Leer más...

ADMISIÓN: INFORMACIÓN PÚBLICA

 

INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 

PARA O CURSO 2024/2025


CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O 

CURSO ESCOLAR 2024/2025


1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA


O CPR Plurilingüe Divino Maestro de Lugo non está adscrito a ningún outro centro, polo que nesta fase non hai que facer ningún trámite: o alumnado xa matriculado que continúa no centro ten a súa praza reservada e o de nova incorporación fará a solicitude do 1 ao 20 de marzo.

1.      Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.


2ª FASE:SOLICITUDE DE ADMISIÓN


  1. Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.

  2. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 5 abril, ambos os dous incluídos.

  3. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.

  4. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

  5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.

  6. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

3ª  FASE: MATRÍCULA

Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño –01 de xullo.

  1. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño-08 de xullo.


  2. 2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS


    Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B).

    1. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

    2. Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

    No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II e e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.

    1. Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:

    No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, até o 28 de febreiro.

    1. As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :

    1. Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

    2. Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección

    https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

    e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

    1. Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

    2. NORMATIVA REGULADORA

    3. DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)

      https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

      ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (DOG 8 de novembro de 2022)

      https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

      INSTRUCCIÓNS da Dirección Xeral de Centros e RRHH sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-2025.

      ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

      Pódense consultar na secretaría do centro ou no buscador de centros da páxina edu.xunta.es

      https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/BuscaCentros.do



      SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO


      COMEDOR ESCOLAR

      AULA MATINAL (Madrugadores)

      RECURSOS ESPECÍFICOS OU ESPECIAIS

      AULA de EDUCACIÓN ESPECIAL




Leer más...

ADMISIÓN CURSO 2024/25: PORTAS ABERTAS

 


Comeza o proceso de admisión para o curso 2024/25. 
Xa se pode pedir cita para achegarse a coñecer o noso cole.

TEMOS A PORTA ABERTA!

Leer más...