Primaria

Segundo a orgánica Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. de educación a finalidade da Educación Primaria é proporcionar a todos os nenos e nenas unha educación que lles permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirir as habilidades culturais básicas relativas a expresión e a comprensión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo...favorecendo a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversas, os coñecementos, as habilidades, e as actitudes persoais adquiridas; indo máis alá do saber e do saber facer, incluíndo o saber ser ou estar.

No colexio Divino Maestro de Lugo perseguimos unha metodoloxía participativa e motivadora consecuente coas competencias e obxectivos académicos e educativos que se propoñen, capaz de dar unha resposta axeitada á diversidade dos nosos alumnos/as.

Queremos “ensinar a pensar”. Facer análise da realidade cultivando o silencio e potenciando a escoita, a través do esforzo e a reflexión. Asimesmo intentaremos educar dende os valores  do Evanxeo.

Empréganse as novas tecnoloxías para a ampliación de coñecementos. Nelas estamos implicados o profesorado, como parte da nosa formación permanente.

Tamén queremos estar sempre atentos ás novas necesidades que se presenten, atendendo ás familias e traballando conxuntamente con elas.