PLAN
DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-21
PROTOCOLO
SIMPLIFICADO
Esta non é a versión definitiva nin
completa. Son algúns dos datos que cómpre ir coñecendo para irse organizando.
En breve colgaremos na web a versión definitiva
Todas
as medidas que seguen a continuación xiran ao redor de catro eixos:
- Distanciamento
Social.
- Hixiene.
- Ventilación.
- Uso
da máscara.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN BÁSICA
-Nos días previos ao inicio de
curso realizarase unha limpeza e
desinfección xeral do centro e do mobiliario.
- Buscaremos que toda a
comunidade educativa interiorice as seguintes medidas:
- Evitar tocar ollos, nariz e a boca.
- Manter a distancia física recomendada (1’5 m.)
- Usar sempre a máscara de xeito correcto.
-Hixiene de mans frecuente e meticulosa , con auga e xabón ou
xel hidroalcohólico, cando menos 5 veces ao longo da xornada (obrigatoriamente
na entrada e saída do centro, antes e despois do recreo, antes e despois de
comer e despois de ir ao aseo.
-Ventilar frecuentemente as estancias onde nos atopamos.
-Habilitaranse dispensadores de solución hidroalcohólica
na entrada, nas aulas e en todos os espazos comúns.
-Garántese a existencia de xabón e papel para secar as mans en todos
os aseos do centro.
- Extremarase a orde no posto de cadaquén e non se poderá compartir o material propio
con ninguén (e isto é válido para
alumnado e para o profesorado).
-Desaconséllase o uso de luvas (aínda que son obrigatorias para o
persoal de limpeza).
-Evitaranse aquelas actividades no centro educativo que
supoñan a mestura de alumnado de diferentes grupos de convivencia ou clases, así coma as que esixan unha
especial proximidade.
-Suspéndense todas as saídas, visitas complementarias,
excursións... mentres dure a actual situación sanitaria.
GRUPOS ESTABLES DE CONVIVENCIA
Todos os cursos do centro conformarán
grupos de convivencia estable (grupos burbulla), onde o único contacto, ademais
dos membros do mesmo grupo, será cos profesores que imparten as distintas
materias e
que teñen que desprazarse a diferentes aulas.
Os diversos grupos non terán contacto entre si ao longo do tempo lectivo,
nin nas entradas e saídas. Cando compartan patio nos recreos, farano cunha
distancia de 2 metros entre grupos, que non se mesturarán en ningún caso.
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA OS GRUPOS
ESTABLES DE CONVIVENCIA
-
Cada curso forma una “burbulla” respecto a outros cursos,
polo que non se aplican criterios de limitación de distancia. Aínda así
intentaremos sempre manter as distancias entre o alumnado do propio grupo;
mesmo nos tempos de recreo impediranse –na medida do posible- as aglomeracións
e formación de grupos numerosos no seo do mesmo curso.
-
Distancia entre postos escolares: a máxima que permita a aula
-
Non se permiten xogos de balón nos recreos.
-
O profesorado especialista que entra en varias aulas
intentará manter a distancia mínima de 2 metros co alumnado, evitando, se é
posible, calquera tipo de contacto.
¿COMO
FALAMOS?
CANLES DE COMUNICACIÓN
-
A principal vía de comunicación entre todos os membros da
comunidade educativa será a telefónica. Poderase contactar co centro no
teléfono habitual (982 216844) no horario en que permanece aberto ou tamén no
móbil (679 035728).
-
Tokapp: de maneira voluntaria, os
pais que o soliciten poderán subscribirse a esta app, que terá un custo anual de 3 euros. Quen non o desexe recibirá
as comunicacións coma sempre, por teléfono, por escrito, correo ordinario e
demais. (pendente de aprobación)
-
ABALAR MÓBIL: A través desta aplicación comunicaremos as faltas
de asistencia e conduta. Cómpre instalalo no móbil dende o Play Store (Android) ou AppleStore
(IOS)
-
Correo electrónico: os pais que o soliciten recibirán
comunicacións por correo electrónico desde un perfil creado, quer polo centro,
quer por cada profesor, especificamente para esta finalidade.
HABERÁ TITORÍAS?
As titorías desenvolveranse preferentemente por vía telefónica ou
telemática os martes de 16:00 a 17:00 h. Fóra dese horario, poderase levar a
cabo, polas mesmas canles, previo acordo entre titores e proxenitores.
Excepcionalmente, poderá ser presencial os martes de 16:15 a 16:55. Fóra
deste horario haberá que solicitar autorización á dirección.
Para acudir ao centro será preciso
ter cita previa acordada co titor/a.
Estas reunións faranse sempre a porta aberta e con ventilación cruzada,
quedando unha marxe de 5 minutos para ventilación e desinfección entre os
diferentes usuarios, polo que terán que ser con un horario estipulado que non
se poderá sobrepasar.
COMO SE SENTAN OS NENOS/AS NA AULA?
Optarase sempre pola maior distancia posible que as dimensións da aula permitan. En todo caso, o alumnado estará todo orientado nun
mesmo sentido mirando cara a dirección do profesor.
En Secundaria os postos escolares manterán unha distancia de 1’5 metros,
medidos desde o centro da cadeira, respecto de todos os postos que o rodeen.
PODEN
IR AO BAÑO?
USO DO ASEO
-
Os aseos só poderán ser usados
de un en un. Non pode haber, xa que logo, dous usuarios dentro dos baños ao
mesmo tempo.
-
O acceso ao baño estará regulado por un semáforo (verde = podes pasar; vermello = agarda). Antes de saír
da aula o neno ou nena (ou o profesor) observarán se hai alguén agardando para
entrar. Se é así, agardará na porta da aula. Procurarase que no haxa máis dun
alumno agardando na porta do baño (na marca que se dispoña).
-
Durante os recreos haberá un profesor encargado da vixilancia
de cada un dos baños do patio e rexen as mesmas normas que nos demais baños do
centro.
USO
DA MÁSCARA NO CENTRO
A máscara será de uso obrigatorio
para toda persoa presente no centro, agás naqueles casos onde se dispoña
dun certificado médico que indique a imposibilidade de usala. Non se permitirá
a entrada ao centro a ninguén que non a leve posta.
Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así coma
un estoxo específico para gardala en caso necesario.
No caso do alumnado de Infantil, a máscara non é obrigatoria, pero si altamente recomendable. Para o alumnado
de 3 anos (4º curso de Ed. Infantil) quedará a criterio do profesor se a
máscara é tolerada ou non polos nenos.
En todo caso, a imposibilidade de usar a máscara, que deberá ser
acreditada por un pediatra ou outro facultativo, non será motivo de falta de
asistencia ao colexio.
O uso das viseiras protectoras facilitadas pola ANPA para todo o persoal
do centro será de uso voluntario.
VENTILACIÓNS
DAS AULAS
As portas das aulas permanecerán sempre abertas, polo que non procede
anotar o momento de ventilación. Abriranse as ventás para favorecer a
ventilación cruzada sempre que sexa posible e as condicións climáticas o
permitan. Aínda así, as ventás permanecerán abertas, como mínimo, 15 minutos
ao inicio da xornada, durante os recreos e ao finalizar as clases e, sempre que
sexa posible, entre clases.
As ventás, ao igual que as persianas ou as portas só poden ser
manipuladas polo profesor/a.
XESTIÓN
DOS RESIDUOS
-
Colocaranse papeleiras con bolsa protexidas con tapa e
accionadas por pedal en todas as aulas, onde se depositará todo o material
de hixiene persoal que se desbote.
-
Igualmente colocarase unha papeleira en cada zona de recreo
delimitada.
-
As papeleiras serán baleiradas e desinfectadas diariamente.
E SE HAI UN
CONTAXIO... QUE FACEMOS?
SOSPEITA DE CONTAXIO / CONFIRMACIÓN DIAGNÓSTICO NO FOGAR:
1.
Non asistirán ao centro aqueles estudantes, docentes ou
outros profesionais que teñan síntomas compatibles con COVID-19 ou en período de corentena por contacto con
persoa diagnosticada. Comunicación inmediata ao Colexio.
2.
Se hai sospeita de contaxio, a familia solicitará consulta co
seu pediatra. Se non hai cita, acudirá ao PAC. No caso de confirmación de
diagnóstico, avisará inmediatamente ao Colexio. Tampouco acudirán ao centro as
persoas en espera de resultado de PCR por sospeita clínica.
SOSPEITA DE CONTAXIO DURANTE A
XORNADA ESCOLAR
3.
Se unha persoa desenvolve síntomas compatibles con COVID-19
ao longo da xornada:
-
Levarase ao Espazo Covid e permanecerá acompañado, a ser
posible por un membro do EuipoCovid.
-
Colocaráselle unha máscara cirúrxica (tamén ao coidador)
-
Contactarase coa familia (se é un alumno)
-
Chamarase ao Centro de Saúde de referencia ou teléfono do
SERGAS / 061 .
4.
A familia informará ao Centro inmediatamente ao coñecer o
resultado das probas diagnósticas.
MEDIDAS DE CARÁCTER ORGANIZATIVO
As medidas de carácter organizativo teñen como obxectivo:
1.
Reducir ao máximo a
mobilidade do alumnado.
2.
Manter a distancia de
seguridade
(mínimo 1’5 m / 1 m no pupitre).
3.
Extremar as medidas de hixiene e protección.
4.
Crear grupos burbulla de alumnado sen contacto
entre si.
Para acadar estes obxectivos tomamos as seguintes medidas organizativas:
ENTRADAS
E SAÍDAS: ORGANIZACIÓN / HORARIOS / ACOMPAÑANTES
Mentres dure a situación sanitaria actual, as familias NON PODERÁN ACCEDER NIN PERMANECER no interior das
instalacións, agás aqueles que sexan requiridos por algún membro do equipo
educativo. Os pais de alumnos de Ed.
Infantil si poden achegar os seus fillos á porta de Infantil do patio (un único
proxenitor por neno).
PUNTUALIDADE: É fundamental para evitar aglomeracións e contactos, tendo en conta que as
familias deixarán aos alumnos na porta, onde haberá un CONTROLe se comprobará:
-
Uso correcto da máscara
-
Control de temperatura
-
Hixiene de mans con xel hidroalcohólico
-
Limpeza e desinfección de
calzado
De seguido, o alumnado dirixirase á
súa aula, gardando a distancia de seguridade.
As entradas ao centro serán GRADUADAS no tempo e efectuaranse por
diversos puntos segundo se detalla a continuación (horas e puntos de acceso):
ED. INFANTIL
Entran e saen pola porta SUR, a máis próxima ás súas aulas. Os nenos,
acompañados dun único proxenitor, e circulando sempre pola dereita, chegarán á
porta, onde un profesional do centro (Diego Eiras) efectuará o control e o
dirixirá á súa aula, onde o recibirá a profesora na porta ou no corredor
interior.
Á saída, repetirase o mesmo proceso, entregando a titora os nenos un por
un. É importante que o proxenitor acompañante respecte a distancia de
seguridade.
5 anos (6º Ed. Infantil)
Entrada: 9:00 Saída: 13:55
4 anos (5º Ed. Infantil)
Entrada: 9:10 Saída: 13:45
3 anos (4º Ed. Infantil)
Entrada: 9:20 Saída: 13: 35
ED. PRIMARIA
Porta NORTE. Entran dous cursos
simultaneamente: un pola porta da ESO e outro pola porta do PATIO, segundo se
indica.
ENTRADAS
6º Primaria: 9:00 Porta ESO
5º Primaria: 9:10 Porta ESO
4º Primaria: 9:00 Porta Patio
3º Primaria: 9:10 Porta Patio
2º Primaria: 9:20 Porta Patio
1º Primaria: 9:20 Porta ESO
SAÍDAS
Todo o alumnado baixa pola porta da ESO. Ata 4º de Primaria a entrega é
individual. Os pais van facendo cola na porta Norte (principal) e o titor/a vai
entregando o alumno, que tamén permanecerá en orde gardando as distancias de
seguridade nos puntos sinalados.
1º Primaria: 13:40
2º Primaria: 13:45
3º Primaria: 13:50
4º Primaria: 13:55
5º Primaria: 14:00
6º Primaria: 14:00
En 5º e 6º o alumnado sae gardando a distancia de seguridade. Non hai
entrega directa aos proxenitores.
ESO
ENTRADAS
1º ESO: 8:35 Porta ESO
2º ESO: 8:30 Porta ESO
3º ESO: 8:35 Porta Patio
4º ESO: 8:30 Porta Patio
|
SAÍDAS
1º ESO: 2:20
2º ESO: 2:25
3º ESO: 2:20
4º ESO: 2:25
|
Luns pola tarde: utilizan as mesmas entradas e saídas que polas mañás con
este horario:
-
1º / 3º ESO: 16:05 – 17:50
-
2º / 4º ESO: 16:00 – 17:45
As
portas abriranse ás 8:25 e xa poden ir entrando tras tomar a temperatura,
comprobar máscara e botar o xel hidroalcohólico.
CIRCULACIÓNS NO CENTRO EDUCATIVO
Os corredores e escaleiras estarán divididos con marcas no chan que
permitirán regular a circulación, efectuándose esta sempre pola dereita, agás cando entren dous grupos simultaneamente: na
porta principal –que se abrirá por completo- entrarán tan separados como
poidan. Os que soben pola porta da ESO entran pola dereita e mantéñense á
dereita na subida. Os que acceden pola porta do patio entran pola esquerda e
desde o patio xa continúan pola dereita. Se alguén quere saír do centro nese
momento deberá agardar.
De ter que se producir un cruzamento, evitaremos sempre cruzarnos con
alguén que circule na dirección contraria, agardando o que sexa necesario.
O uso do elevador queda limitado ás persoas que o precisen por motivos de
mobilidade, debendo agardar a que os corredores estean despexados para circular
sen cruzarse con outras persoas.
PROGRAMA
DE MADRUGADORES
Seguirase o protocolo ordinario. Evitarase o consumo de alimentos nese
momento e cambiarase de lugar, a unha
aula que permita a distancia entre o alumnado non inferior a 2 metros. Os
asistentes non poderán compartir xoguetes, material escolar nin ter ningún tipo
de contacto. Ao remate, para acceder ás aulas, seguirán o mesmo protocolo ca o
resto do alumnado.
ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES
As actividades extraescolares fóra da xornada lectiva dentro do recinto
educativo, sexan organizadas pola ANPA, polo propio centro educativo ou por
entidades alleas ao centro coas que se establece un convenio, contarán co seu
propio protocolo de seguridade, que será anexado a este documento. Neste anexo
detallaranse as medidas de prevención e protección fronte ao coronavirus,
ademais de determinar con claridade as responsabilidades dos organizadores e
xestores.
Terán en conta as seguintes premisas:
1. Priorizarase, se é posible, a
actividade online.
2. As normas xerais no que se
refire ao uso de máscara, hixiene de mans, distancia de seguridade... que se
describen neste protocolo serán de cumprimento obrigatorio.
3. Intentaremos non mesturar
alumnado de diferentes cursos.
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA ED. INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA
EDUCACIÓN INFANTIL / 1º E 2º CURSO DE
PRIMARIA: METODOLOXÍA / USO DOS BAÑOS / USO DO MATERIAL / TRABALLO EN RECANTOS
1.
En 1º e 2º de Primaria o alumnado usará máscara sempre. En
Infantil, o alumnado de 4 e 5 anos procurará usar máscara sempre. O alumnado de
3 anos usará máscara a maior parte do tempo que poida. En xeral, só quitarán a máscara para merendar
e procurando a distancia de 1’5 metros entre cada neno.
2.
Iniciarase a xornada con accións nas que se traballe a
lembranza das normas de hixiene de xeito lúdico.
3.
Os dispensadores de xel nas aulas non serán accesibles sen
supervisión do profesor, polo risco de que leven as mans á boca inmediatamente.
4. Na aula traballarase mediante grupos dun máximo de 5 alumnos
(preferiblemente sempre os mesmos) que se constituirán como subdivisións dos
grupos estables de convivencia para mellorar a trazabilidade dos contactos. Os
grupos traballarán cun distanciamento
físico de 1’5 metros respecto dos restantes grupos.
5.
Eliminaranse xoguetes e todo obxecto non estritamente
necesarios. Só se poderán usar de xeito individual, garantindo a desinfección
despois de cada uso. Outro tanto cabe dicir para o xogo en recantos.
6.
A merenda realizarase de xeito individual, a ser posible no
patio exterior, co distanciamento necesario.
7.
Uso do baño: estritamente individual co código de semáforos
(verde = libre, vermello = ocupado). Antes e despois de usar o baño o alumnado
hixienizará as mans coa axuda das profesoras.
8.
Sempre que o clima o permita as profesoras intentarán pasar a
maior cantidade de tempo posible fóra da aula, pero nunca poderán coincidir
dous grupos simultaneamente.