ESO

Na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria o obxectivo básico é que os alumnos maduren a nivel persoal e escolar, desenvolvendo os hábitos de estudo para que nun futuro vivan comprometidos na construción dunha sociedade máis fraterna e xusta. Para iso, dende o noso colexio, fomentamos a cultura do esforzo, a confianza nun mesmo, o sentido crítico, a autonomía e a responsabilidade; sempre partindo dos valores evanxélicos.

 No ámbito pedagóxico, cómpre salientar os seguintes recursos e metodoloxías:

 - ABP (aprendizaxe baseado en proxectos).
 - Aprendizaxe cooperativo.
 - Rutinas de pensamento.
 - Intelixencias múltiples.
 - Uso das TIC; destacando o proxecto MATIC en 1º e 2º da ESO (ferramenta educativa en rede para traballar as matemáticas).
 - Auxiliar de conversa en inglés.