✨ Unha historia que segue crecendo… ✨
Ser Divino Maestro é moito máis que estudar aquí. É crecer nun colexio que
deixa pegada, que educa con valores e que acompaña a cada alumno e alumna
no seu camiño, preparándoo para o futuro.
Os nosos antigos alumnos e alumnas levan consigo todo o que aprenderon aquí,
nas súas profesións, nas súas vidas… E os nosos alumnos de hoxe seguen
escribindo esta historia.
📅 A semana que vén, do 17 ao 21 de febreiro abrimos as nosas portas para que
ti tamén poidas formar parte desta gran familia.
E ti? Queres ser Divino Maestro?