O CPR Plurilingüe "Divino Maestro" de Lugo (Divino Maestro Fundación Educativa) vén de acadar unha subvención importante (19514,88 €) para avanzar no proceso de dixitalización, o que permitirá equipar 7 novas aulas .
A adquisición e instalación de 7 novos paneis interactivos de 75" e os seus correspondentes equipos informáticos vén a continuar o proceso iniciado o curso pasado, que xa permitira equipar 3 aulas con dotacións semellantes. Agardamos completar ao longo do curso estas dotacións e rematar a dixitalización de todas as aulas.
OBXECTIVOS
- Aumentar o nivel de competencias dixitais mediante accións dirixidas a diversos grupos de poboación.
- Transformación dixital da educación: instalación, actualización e mantemento de sistemas dixitais interactivos (SDI) co fin de permitir a aprendizaxe a distancia e mixta.
- Dispoñer recursos tecnolóxicos que permitan a mellora e o avance cara unha educación de calidade.
- Posibilitar a competencia dixital do alumnado, para unha integración na sociedade e no mercado laboral do século XXI.