O Día de Europa celébrase
o 9 de maio en conmemoración e homenaxe á declaración emitida tal día de
maio de 1950, polo Ministro de exteriores francés, Robert Schuman que
lanzou a idea de integrar todas as nacións europeas, requisito imprescindible
para o mantemento de relacións pacíficas, logo da II guerra mundial.
No noso centro tamén o celebramos con diversas actividades de divulgación e achegamento ao proxecto europeo.