FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-2022
NORMATIVA: Orde do 10 de maio de 2023 (DOGA 19 maio): Procedemento ED330B
SOLICITUDE: Pode descargar aquí a solicitude: solicitude.
PRAZO
Prazo de presentación de solicitudes: Do 20 de maio ao 21 de xuño (incluído).
ALUMNADO A QUEN VAI DIRIXIDO
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º,3ºe 4º de ESO.
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e Educación Especial (EE).
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍAS DAS AXUDAS
1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e a todos os cursos de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
Unha vez esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:
a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.
b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.
c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.
A contía das axudas para adquirir libros de texto será:
a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
- 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.
- 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
b) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 300 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
d) Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, a que se refire a disposición adicional segunda desta orde:
- Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.
2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
- Alumnado de ESO:
1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €.
2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €.
RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR
É o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2021 entre o número de membros computables. Sumaranse o recadro 435) e o recadro 460; cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
UNIDADE FAMILIAR
Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar en 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras e nos casos de violencia de xénero en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso.
A solicitude pódese recoller no propio centro, por vía electrónica na aplicación informática Fondolibros (Fondolibros) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada)
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
DATAS PUBLICACIÓN LISTAXES
- Listaxes provisionais: 4 de xullo
- Listaxes definitivas: 10 de xullo