O CPR Plurilingüe Divino Maestro" vén de acadar unha subvención importante (6896'37 €) para iniciar a dixitalización de 3 aulas (4º, 5º e 6º de Primaria).
Adquiríronse e instaláronse 3 paneis dixitais interactivos e 3 novos ordenadores portátiles para estas aulas. Agardamos completar ao longo do presente curso estas dotacións e ampliar a dixitalización a novas aulas.
- Aumentar o nivel de competencias dixitais mediante accións dirixidas a diversos grupos de poboación.
- Transformación dixital da educación: instalación, actualización e mantemento de sistemas dixitais interactivos (SDI) co fin de permitir a aprendizaxe a distancia e mixta.
- Dispoñer recursos tecnolóxicos que permitan a mellora e o avance cara unha educación de calidade.
- Posibilitar a competencia dixital do alumnado, para unha integración na sociedade e no mercado laboral do século XXI.