A Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade veñen de publicar as seguintes RECOMENDACIÓNS en relación á xestión da Covid-19 para o curso 2022/23. Resumímolas a continuación, incluíndo cuestións que, aínda non aparecendo nas Instrucións das Consellería, poderían crear dúbidas entre a Comunidade Educativa:
PRESENZA DAS FAMILIAS NO CENTRO
-
As
familias poden acceder a todos os espazos do centro, evitando aglomeracións.
-
As
titorías poden ser presenciais, coa ventilación axeitada.
-
Pódense
celebrar eventos e actos conxuntos, preferentemente ao aire libre.
TEMPO DE LECER / PATIO
-
Pódese
mesturar alumnado de diferentes grupos.
VENTILACIÓN
- 15 minutos iniciais e 15 minutos finais
Ventilaranse as aulas durante os recreos
- Hai que procurar manter aberto todo o tempo posible, cando a climatoloxía o permita.
LIMPEZA DO CENTRO
-
Todas
as estancias se limparán e desinfectarán unha vez ao día.
COMEDOR ESCOLAR-
- Non é necesario gardar distancias entre alumnado de diferentes cursos.
Manterase
ventilación constante durante o tempo do xantar.
-
Cepillado
de dentes: se a situación epidemiolóxica o permite, introduciremos aos poucos
este hábito.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
-
Sempre
que sexa posible, desprazarémonos a pé
-
No
caso de usar autobús ou outro medio de transporte, utilizaremos máscara.
-
Nas
Actividades Extraescolares permítese xuntar alumnado de diferentes grupos,
tanto ao aire libre coma en interiores.
-
Se
algunha actividade inclúe canto ou se empregan instrumentos de vento, hai que
procurar aumentar a ventilación e as distancias.
ALUMN@ CON SÍNTOMAS OU POSITIVO… Vén
ou non vén a clase?
-
NON hai obriga de illarse. Deben comunicar esta circunstancia, non obstante. En caso de acudir ao centro un alumno /a (ou calquera outra persoa) sendo positivo, debe utilizar máscara, extremar a hixiene de mans, evitar o contacto con persoas vulnerables...
POBOACIÓN VULNERABLE
-
Se
algun alumno/a sofre unha patoloxía que provoque dependencia e que faga que
sexa considerado poboación vulnerable, a familia debe comunicalo e as medidas,
neste caso, serán as que indique o seu médico ou pediatra.