Achegamos resumo das últimas instrucións da Consellería de Educación a respecto do Covid-19.
2- Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.
3- QUÉ FACER SE ES UN CASO POSITIVO OU UN CONTACTO?:
- Se a intensidade dos síntomas lle dificultan a súa actividade diaria, quede no domicilio ata que melloren.
- Use de forma constante a máscara e evite actividades que impliquen quitala sen manter a distancia de seguridade con outras persoas.
- Reduza todo o posible as interaccións sociais con outras persoas.
- Informe aos seus contactos estreitos. RECOMENDACIÓNS
5- Deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.
6- Seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.
7- Ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas.