COMUNICADO DO EQUIPO COVID SOBRE O USO DA MÁSCARA NO CENTRO

O Goberno do estado aprobou a fin da obrigatoriedade do uso da máscara en espazos interiores (Real Decreto 286/2022). No que ten que ver co ensino, esta normativa sinala:

- as persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar

- recoméndase o seu uso ao profesorado e ao alumnado con algún factor de vulnerabilidade.

- recoméndase o uso da máscara no interior do centro no caso de estar en contacto con outras persoas a unha distancia inferior a 1'50 m.

- recoméndase o uso responsable da máscara nos espazos pechados de uso público nos que as persoas transitan ou permanecen un tempo prolongado.


Pola súa banda, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar as Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo que indican:

USO OBRIGATORIO

 • Transporte escolar.

 RECOMENDADO 

• Persoal traballador do centro educativo. 

• Alumnado do centro educativo. 

• Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia. 

 • Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos. 

O protocolo vixente no centro establece unha distancia de1,20 m entre o alumnado nas aulas, polo que non se pode garantir a distancia de 1,50 m. Por isto, o Equipo COVID do centro recomenda o uso da máscara.