CAMBIOS NO PROTOCOLO COVID


 

Por indicación das Consellerías de Sanidade e Educación, a partir de hoxe, luns, 7 de marzo:

-Elimínase a recomendación de corentenar aos contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral e serán os contaxiados os responsables de informar aos seus contactos estreitos (desde os dous días anteriores ao inicio de síntomas).

- No ámbito educativo NON se identificarán contactos estreitos.

- Cando haxa constancia de ter estado en contacto cun positivo, actuarase da seguinte maneira:

      . Uso constante da máscara

      . Evite contacto con persoas vulnerables

     . Evite acudir a ámbitos vulnerables (centros sanitarios, residencias...)

     . Reduza as interaccións sociais.

     . Lave as mans con frecuencia.

      . Se desenvolve síntomas: quede na casa e chame ao 881540045 ou ao seu centro de saúde para solicitar proba.

     . Se é positivo nun test de autodiagnóstico quede na casa e notifique o                positivo no mesmo teléfono sinalado anteriormente.

NON se farán probas se non hai síntomas ou se teña contacto con ámbitos e persoas vunerables.