ENTROIDO 2022



 O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!! 

Aínda coas limitacións propias destes tempos, imos manter vivo o espírito do Entroido na medida que poidamos, sempre garantindo o cumprimento das medidas anti-Covid. Así:

- NON haberá "festa gastronómica" no cole: este ano non poderemos traer filloas, orellas, roscas... ou outros doces tradicionais deste tempo como faciamos.
- SI teremos disfraces: non faremos o baile de todos os anos, teremos que manter a separación de cursos, pero estamos no camiño de volta á normalidade.

Ademais, para ir quentando motores, iremos "poñéndonos en modo Entroido" ao longo da semana:


SEMANA DO 21 AO 25 DE FEBREIRO 

O LUNS  (21) PARA COMEZAR,

ALGO DO REVÉS TERÁS QUE PORTAR.


O MARTES (22) PARA NON DESENTOAR

UNHA GARAVATA HAS DE MOSTRAR.


O MÉRCORES (23), COMO QUEREMOS RIR, 

CON CABEZA GRACIOSA HAS DE VIR.


O XOVES (24) APROVEITANDO A SITUACIÓN

DECORAREMOS A *MASCARILLA

PARA QUE LUZA UN MÓNTÓN .



E O VENRES (25) CAMBIAREMOS A FACHADA... 

DISFRAZÁDEVOS COMO VOS DEA A GANA.


O venres, día 25 de febreiro, cada neno virá disfrazado da súa casa (Infantil e Primaria; a ESO disfrazarase no colexio) co disfrace que queira. Os disfraces deberán permitirlle ao alumno estar sentado ao longo da mañá.

Evitaranse todos os accesorios, adornos , pinturas..., que poidan impedir o bo uso da *mascarilla.


*Dicimos "mascarilla" e non máscara, forma correcta, para evitar confusións no tempo de Entroido.